miércoles, 21 de junio de 2017

ESTE VERÁN...ALIMÉNTATE DOS LIBROS

O equipo de biblioteca quere desexarvos un feliz verán cheo de lecturas.


Ilustración Marta Mayo



Aquí deixámosvos a nosa pequena guía con contos, poesía, música e banda deseñada.




Leer más publicaciones en Calaméo

Lembrade que podedes visitar as bibliotecas municipais que seguirán abertas no verán!
 Biblioteca de libros ilustrados en Iwaki, Japón

En lecturas para o verán que asoma  das Bibliotecas escolares de Galicia podedes atopar máis recomendacións



Ata o vindeiro curso!







lunes, 19 de junio de 2017

FEIRA GASTRONÓMICA 2017

O pasado martes celebramos o final do noso PDI Oído Cociña cunha feira gastronómica á que estuvieron convidadas as familias. O alumnado tivo a oportunidade de expoñer o que aprendeu, de convidar á degustación das súas receitas e as máis atrevidas e atrevidos de cociñar en directo.





Os pinchos de Pepe



O alumnado de 4º de educación infantil, que traballou a pirámide dos alimentos durante o curso, agasallounos cuns deliciosos canapés de xamón e queixo elaborados por eles. 


2016 Ano Internacional dos Legumes





O Ano Internacional dos Legumes foi un dos proxectos traballados polo alumnado de 5º e 6º de educación infantil este curso. Para a feira elaboraron hummus, unha ensalada con fabas da nosa Horta, e fabas con xamón que cociñaron momento!





A compota sen pota


O alumnado de 1º e 2º de primaria rematou a  seu traballo de investigación sobre a mazá coa elaboración dunha compota.




A volta ao mundo en receitas




Despois de traballar ao longo do curso diferentes receitas do mundo, o alumnado de 3º e 4º de primaria decidiu elaborar guacamole para a ocasión. 




Aceites con aromáticas da horta, sal de cítricos e sal de herbas provenzais , vichyssoise e chícharos con xamón



Todo isto é o que preparou o alumnado de 5º e 6º de primaria. Utilizaron produtos da nosa horta: romeu, ourego, tomiño, albácega, allo, loureiro, tomate e limón. Os chícharos, tamén da horta, os cociñaron con xamón no momento.


Moitas grazas familias,
 por formar parte do noso proxecto!

Aquí podedes ver un pouco máis como foi a feira gastronómica.




FEIRA GASTRONÓMICA by Slidely Slideshow

sábado, 17 de junio de 2017

RECOMENDACIÓN LECTORA: MARIETA

Athenea de 4º de primaria, admiradora de Marie Curie, quere recomendarnos este libro.




jueves, 15 de junio de 2017

APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe a hora de lectura foi coas madriñas e cos padriños...

Hoxe foi un día estupendo!


APADRIÑAMENTO LECTOR 2017 by Slidely Slideshow

lunes, 12 de junio de 2017

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: A MAZÁ

O alumnado de 1º e 2º de primaria remataron o seu traballo de investigación elaborando unha deliciosa compota de mazá




Previamente investigaron sobre a historia da mazá, a orixe, variedades e diferentes usos...






Aquí podedes ver unha pequena mostra...


 
TRABALLO INVESTIGACIÓN: A MAZÁ by Slidely Slideshow

RECOMENDACIÓN LECTORA: GUILLERMO, RATÓN DE BIBLIOTECA

Sabela, de 3º de primaria recoméndanos o conto Guillermo, ratón de biblioteca.






jueves, 8 de junio de 2017

ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ

O pasado lunes estivo na escola Iago López, o autor do conto O cociñeiro Martiño






E pasámolo realmente xenial...



Visita Iago López by Slidely Slideshow



Moitas grazas Iago pola túa visita!!