luns, 22 de febreiro de 2016

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

O próximo mércores conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.


O equipo de axudantes da biblioteca está a traballar para a
levar a cabo algunha  das propostas da AELG



Pero ata o mércores non o podemos desvelar.




Mentres, lembramos a Rosalía con Parece unha rosa. Neste libro LIM as ilustracións son de Isabel Pintado.



Parece unha rosa forma parte do poema Vente rapasa recollido en Canteres Gallegos ao que podedes acceder picando na imaxe.


O seguinte LIM está baseado no libro ROSALIA de Helena Villar Janeiro. Con el poderedes coñecer un pouco más sobre a súa vida. 









"Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala."



Para as rapazas e rapaces máis maiores recollimos o traballo realizado no CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei con actividades sobre a súa vida e obra.




Que tal se rematamos con Rap?



"Rosalía non aceptaba o que sucedia.
Motivo da súa defensa de Galicia.
Rosalia non o quería ver.
Crítica a discriminación da muller"