xoves, 6 de outubro de 2016

COCIÑANDO XUNTOS

Desde a biblioteca dámosvos a benvida ao curso 2016/2017, especialmente ás familias dos nenos e nenas que se incorporaron este ano.

Este curso a nosa biblioteca convertirase nunha cociña. Experimentar, investigar, crear e compartir o aprendido serán os ingredientes clave. Convertiremos a biblioteca nun  lugar onde adquirir e consolidar coñecementos e competencias relacionadas coa cociña, a alimentación e a adquisición de hábitos saudables.


Estades convidados e convidadas a que vos sentedes á mesa con nós. Aproveitamos a ocasión para invitar ás persoas que teñades alguna relación co tema a que compartades con nós os vosos coñecementos. 

Se vos pasades por aquí poderedes atopar máis información e coñecer como se vai desenvolvendo o proxecto. 

E como unha cociña sen utensilios non é nada, precisamos que nos botedes unha man. Axudádelle a decorar o voso utensilio  para que forme parte da nosa cociña







 e…ATENCIÓN, TEDES QUE RESOLVER O ACERTIXO QUE VÉN AO REVERSO,  porque unha biblioteca sen contos tampouco sería unha biblioteca. Lembrade que tedes de prazo ata o próximo luns 17 de outubro!!



                                                                                    
                    Saúdos doces desde a biblioteca!