miércoles, 26 de abril de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Este ano, quixemos celebrar o Día do Libro cunha pequena homenaxe  a Agustín Fernández Paz lembrando estas fermosas palabras que recollimos do seu Manifesto para o Día da Biblioteca, e que nos guía o camiño ata a biblioteca.



Comenzamos a celebración cun aperitivo. Coa axuda de Jose, o papá de Martín de 2º de primaria, preparamos una pizza e aprendimos moitas palabras en italiano xa que a súa familia procede do sur de Italia.
.


Receita pizza by Slidely Slideshow


Candeanina non puido estar na celebración, pero enviounos esta mensaxe desde o hospital.





Candeanina xa leva tempo con nós, na nosa biblioteca descubriu hai anos a maxia dos libros e neste día quixemos recuperar a súa historia para que a coñezades todas e todos.


                 



Grazas ao traballo de todas as nenas e nenos do cole, Candeanina viaxou polo mundo. México, China, Italia, Venezuela, Francia e Suiza foron os países escollidos polo alumnado. Coa súa exposición aprendimos onde se atopan,  como se elaboran as receitas típicas deses países e algunha que outra curiosidade.
 




Día do libro 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker



Para rematar, e como sorpresa, visionamos
 Cociñando en familia.





Moitísimas grazas ás familias por colaborar con nós neste proxecto!!