luns, 20 de novembro de 2017

CEO, CIENCIA E CULTURA NA BIBLIOTECA

Ricardo e Beni, da Fundación Ceo Ciencia e Cultura impartiron un obradoiro na biblioteca para todo o alumnado do centro. Comezaron cunha pequena charla onde nos falaron do Sistema Solar, observamos  algunhas constelacións e cos máis pequenos  vimos uns debuxos e as estrelas.



Debuxamos o Sistema Solar, construímos o noso planisferio...




Localizamos constelacións.



E finalmente saimos a ver o Sol  co telescopio...






MES DA CIENCIA EN GALEGO by Slidely Slideshow




Grazas Beni e Ricardo, a partir de agora seguro que estaremos máis atentas e atentos ao ceo!